lunes, 2 de septiembre de 2013

De volta no ganchillo


Volver a ganchillar está a ser unha experiencia vertixinosa despois de máis de vinte anos dedicados sobre todo ao traballo intelectual. Hai escasos catro meses que me sentín cun ánimo necesitado de labores manuais, polo agotamento do curso e por prolongar a faceta de "sus labores" revivida co acollemento dun bebé, supoño. Poñer as mans en movemento fora do teclado, en contacto coa materia prima e cunha agulla de ganchillo como cómplice está a resultar absorbente, divertido e relaxante ao mesmo tempo.

A conexión coa miña nai e miña avoa, xa falecida (a nai da miña nai), a través destes proxectos foi tamén moi gratificante. Este coxín rematámolo onte a catro mans miña nai e máis eu como complemento á manta sobre a que descansa, un agasallo de miña nai para miña filla. O patrón está tomado dunha páxina de manualidades.