XXL


Chámanlle BIG GANCHILLO ou GANCHILLO XXL ao que se fai con material gordo, principalmente o trapillo, tela de refugallo que se pode comprar a prezos baixos ou elaborar na casa con camisetas vellas, e agullas do número 10 ou o 12 como mínimo.

É apaixoante adaptar labores de fío fino, algodón por exemplo para agulla do número 2, ao xeito do trapillo. Unha boa mostra desta adaptación témola neste "tapete" para poñer debaixo dunha maceta que fixen por duplicado a partir dun modelo de alfombra que atopei na páxina de manualidades tutéate y..., onde hai moitas ideas e tutoriais de calidade. En fin, foi doado e quedou perfecto para o que eu buscaba. Seguín o patrón sen dificultade a partir do enlace que ofrecen.



Enviei a tutéate a miña adaptación e a publicaron o pasado 7 de outubro como suxestión para ampliar o repertorio de trapillo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario